luns, 2 de maio de 2016

ANIVERSARIO

Seguimos a ter un mes máis aniversario para celebrar. Desta volta só un,pero así de feliz facía a súa coroa...non quixo axudantes!!

 Pasiño a pasiño foille dando forma
 Ata que lle quedou así de fermosa
 Fomos celebralo cos dous alumnos da profe Marga que tamén estiveron de aniversario neste mes de abril,e alí comemos as patacas,gusanitos e galletas saladas :)

luns, 4 de abril de 2016

ANIVERSARIO

No mes de marzo estivemos de aniversio
 E para celebralo,nada mellor que facer a nosa coroa 
 Comprobamos no espello que nos quedara fermosa e fixémonos unha foto
 Aquí estamos co resto de compañeiros :)
 Xuntámonos todo Infantil na clase da profe Marga,que tamén tiña dúas alumnas de aniversario...aínda que elas xa facían 6 anos!!! e comemos as lambetadas que levaramos.

domingo, 28 de febreiro de 2016

TÉCNICA : TALLAR OU ESCULPIR

Esta tempada estamos traballando nas catro técnicas básicas coas que se traballa en escultura.
A primeira que coñecemos foi a de tallar ou esculpir.
Primeiro tivemos que facer un boceto do que queriamos tallar,para logo traballalo sobre un bloque.





Aquí nos podedes ver traballando con moito tino,pois a esponxa rompe con moita facilidade.




Despois démoslle cor e tamén barnizamos con cola branca.








Nun folio pegamos,dun lado o boceto,e do outro o resultado escultórico.
Puxémoslle un título e pasamos á seguinte técnica :)

ANIVERSARIO

O venres celebramos o meu  aniversario
Como ven sendo costume,se queremos coroa temos que facela,a profe só nos fai a estrutura,e a decoración é cousa nosa.
Celebreino cos compañeiros das outras aulas de Infantil que tamén estiveron de aniversario neste mes de febreiro.
Entre todos sumamos o número de velas que vedes xusto enriba :)

Levamos lambetadas ao cole e pasámolo así de ben.




martes, 9 de febreiro de 2016

ENTROIDO

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow made with Smilebox

A NOSA 1ª ESCULTURA

Deseñamos unha escultura partindo da idea que tiñamos sobre ela, e puxémoslle un nome.

O 1º paso foi traballar a plastelina


Unha vez feita ,puxémoslle un nome.



Démoslle brillo e consistencia con cola branca 
A profe fixo a base sobre a cal as iamos colocar, e estes son algúns dos resultados.

DÍA DA PAZ

Cada un de nós elaborou un boneco para o Xardín da Paz.

Foi unha proposta que fixo o Equipo de Convivencia do centro. 
Cada aula elaboraría , empregando como base esponxas de flores,o que quixera para facer entre todos o Xardín da Paz do cole de Tenorio.

Tamén pintamos uns corazóns, como premio ao traballo ben feito.
O venres fixemos intercambio co compañeiro que máis queriamos...salvo algún,que tiña moi claro que o corazón era para a súa nai ;)




ANIVERSARIO

Comezamos a rolda dos cativos que chegan aos cinco anos. 



Celebrámolo,como vén sendo costume este curso,co alumnado das outras dúas aulas de Infantil,que tamén cumpren anos.